Deixarse levar polo Swing en 'Ponte Coqueta'

Chegan os días fortes da cuarta edición de 'Ponte Coqueta' en Pontevedra, nesta ocasión dedicada á muller e ao cabaret dos anos 20 aos 50. Onte comezaron os obradoiros de cabaret e hoxe toca de baile lindy hop.

Ás 22,30 horas a Praza de Curros Enríquez acolle o espectáculo de cabaret ao aire libre, con bailes na rúa da man de Iria Piñeiro e Marinita Quellas, entre outras.Xurxo Souto fará un programa de radio en directo na Praza de Curros Enríquez con música dos anos 30.

Xa o sábado, no Mercantil empezará ás 9,00 h outro obradoiro de iniciación ao lindy hop, e ás 11,00h o avanzado. Ás 12,00 terá lugar a mostra de swing, lindy hop e charlestón nas prazas da Ferrería, Peregrina e Curros Enríquez. As actividades do sábado realizaranse na Praza de Curros Enríquez. 

Ás 13,00 horas está fixada a Sesión vermú cun concerto do grupo Comando Foucellas; ás 17,00, un obradoiro infantil de cabaret.

Clase aberta de Swing as18,00 horas e como guinda do pastel o Baile Coqueto cos concertos de Áureas e de Sar Swing Quartet.

Os organizadores animan á xente para vir vestidos dos anos 20, 30, 40, para participar na feira mercados de ultramar, e nas exhibicións de swing, lindy hop e latinos. 
Palabras descoñecidas