Cine e e animación circense en Compostela

Santiago de Compostela acolle este mércores 14 de agosto,dúas propostas culturais singulares. Dunha parte, haberá circo na praza da Quintana da man da compañía murciana UpArte. E moi preto dalí, a praza das Praterías unha nova Noite Curta, coa proxección dunha selección dos filmes máis destacados da edición 2018 do festival Curtocircuíto.

Áureo e ó título do espectáculo que a compañía de novo circo UpArte representará ás 19:30 horas na praza da Quintana. Acrobacias de alto nivel técnico nun espazo no que as relacións entre obxectos e persoas foron calculadas con precisión e argumento. Nada é arbitrario. Non hai historia, só crea no espectador o atractivo cara o visual, combinando con humor, saltos de barra rusa, banquina, portés e manipulación da escenografía. O espectáculo ten entrada de balde e está destinado a todos os públicos.

Por outra parte, regresa o cinema de verán ao centro histórico compostelán cunha nova Noite Curta, incluída na programación da edición 2019 do festival Curtocircuíto. Nesta sesión, ás 21:45 horas na praza das Praterías, proxectarase unha selección dos filmes máis destacados da pasada edición do festival. 

Poderemos redescubrir pezas como Solar Walk, da celebrada animadora húngara Réka Bucsi, gañadora do premio Radar no èm]Curtocircuíto 2018. Completan as proxeccións Fauve, do canadense Jérémy Comte; Saladdin Castique, de Anssi Kasitonni, mención especial do Xurado Novo 2018; Glucose, de Jeron Braxton, e A Nena Azul, de Sandra Sánchez, que se fixo coa mención especial do xurado Galicia e Premio CREA á mellor dirección galega da última edición de Curtocircuíto.