Chegan as festas de María Pita có 33 Festival Noroeste

Coruña é unha cidade versátil que como poucas alterna ocio, gastronomía, espectáculos e diversidade. Quen escolle A Coruña atopa unha cidade acolledora. As súas praias, os espectáculos, a mesa e o mantel, que a convirten en paraíso gastronómico, fan da cidade un destino urbano excelente como porto de cruceiros de referencia na cornisa cantábrica e atlántica e destino aeroportuario en alza.

AS FESTAS DE MARÍA PITA poñen nome ao mes de agosto que comezará as súas noites lúdicas con artistas como Ketama, Mala Rodríguez, Susana Seivane ou Tequila, que recala na cidade na súa xira de despedida. Nun programa para todos os públicos, profundizará con variedade de estilos na excelencia cultural e na identidade dunha celebración estival xa clásica no calendario festivo galego.

A música seguirá a ter especial protagonismo a través do 33 FESTIVAL NOROESTE ESTRELLA GALICIA, entre os días 6 e 11. Máis de 80 bandas e artistas, entre as que se atopa Patti Smith, na Praia de Riazor e no seu único concertó gratuito da Península Ibérica nesta xira; Nathy Peluso, Belako ou Paco Ibáñez. Tamén en cartel o son das orquestras e o folklore de Teixadura. 

Durante estes días, en concreto do 5 ao 11 de agosto, e tamén tomando como emblema a Torre de Hércules, a cidade vístese de cor nunha nova edición do Salón Internacional do Cómic VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO, nunha actividade xa clásica do verán coruñes, que se complementa con outra cita inexcusable da cultura como é a feira do libro.

A súa cita do verán é na Coruña. Mar, ocio e gastronomía son opcións para disfrutar dun destino diferente que superará as súas expectativas.

www.turismocoruna.com