Volver comezar… cociñeiros galegos reclaman un retorno ao esencial (MdR HGg&T 220)

Empezan a albiscarse ventos de cambio na cociña galega. Pero non son ventos bravíos de tormenta que ameacen con facer zozobrar o barco da nosa gastronomía ou deixalo á deriva en mares descoñecidos. Semellan máis ben ventos fiables e coñecidos, deses que inchan as nosas velas e nos axudan a chegar a bo porto. 

Nacen novas asociacións de cociñeiros, renóvanse outras antigas… E cada vez máis chefs enarboran de novo a bandeira do respeto ao produto e aos produtores, reivindicando a defensa dos elementos que nos diferencian dende a positiva e necesaria convivencia entre tradición e vangarda. Esa é unha das conclusións que sacamos desta mesa de redacción con cinco destacados cociñeiros galegos, na que tamén estivo o noso director fundador Guillermo Campos avivando o lume e tirando da lingua aos asistentes. 

Coceuse un debate no que tamén se falou largo e tendido de cuestións de viva actualidade como o recentemente implantado rexistro horario ou da axenda das diferentes asociacións do sector. Que lles aproveite este menú do día, nesta mesa servida e moderada por Marcos G. Penín.

[Tralo imprescindible resumo dunha mesa de redacción que durou hora e media, constatamos unha imprecisión (páxina 22) na transcrición das declaracións dun dos contertulios. Recóllese no texto a afirmación que o restaurante La Taberna de Rotilio pechou, cando só cambiou de formato. A declaración plantexouse non contexto referido o debilitamento do asociacionismo gastro-restaurantil, neste caso Xantares, do que permanecen cando menos media ducia máis de establecementos activos, ademais dos citados.]