Volve a cita musical transfonteiriza do verán

O vindeiro domingo arranca o International Keyboard Festival & Masterclass da Eurociudad Tui – Valença, un evento que, partindo da música de instrumentos de teclado, ofrece un amplo abanico de propostas culturais cun marcado carácter transfronteirizo.

IKFEM é sobre todo música, pero tamén é unha cita coa formación e unha oportunidade para descubrir o rico patrimonio cultural que atesouran as dúas marxes do río Miño, entre o suroeste de Galicia e o norte de Portugal, na que os espazos arquitectónicos máis destacados da Eurociudad transfórmanse en auditorios de excepción. O programa artístico de IKFEM fortalece sinerxias entre a cultura portuguesa e a española, pois abarca un amplo abanico de xéneros musicais (medieval, barroco, clásico, electrónico, jazz, lírico, pop, indie, rock, folclórico e sinfónico), interpretados por músicos recoñecidos no panorama nacional e internacional. 

Os Concertos no Río Minho comezarán o domingo 14 de xullo, con Mini Mozart ás 21:30 h. en Tomiño (Espazo Fortaleza), para público infantil, e o espectáculo "Voar a seis mans", unha colaboración de Susana Seivane, Abe Rábade e Víctor Prieto, en Cerveira (Jardins do Aquamuseu), ás 23.00 h. galegas.

O deputado provincial e director do Asociación Europea de Cooperación Territorial Rio Minho, Uxío Benítez, participou Parador de Tui na presentación da sétima edición do festival , explicando que esta colaboración se enmarca dentro das accións de apoio á cultura transfronteiriza do proxecto de cooperación europea Smart Minho, a través da cal se puxo en marcha a iniciativa "Concertos no Río Miño", preámbulo do IKFEM 2019. Benítez asegurou que "desde o Agrupamento vanse seguir apoiando todas as iniciativas culturais que se desenvolvan no territorio, cos fondos que hai e loitando por conseguir máis".