Vinte e unha adegas participan na XXII edición da Feira do Viño de Valdeorras

Un total de 21 adegas participan na XXII edición da Feira do Viño de Valdeorras que esta fin de semana na localidade de O Barco. O acto inaugural terá lugar o sábado 13 pola mañá e o recinto feiral permanecerá aberto en horario de 12,30 a 14,30 horas e de 19,30 a 23,00 horas. Como é habitual, a feira contará cun programa completo de eventos paralelos. 

O domingo entregarñanse os premios aos viños participantes na cata oficial deste certame enolóxico, unha cata profesional na que participan 14 adegas, que chega logo da proclamación do Menciño, da Cooperativa Jesús Nazareno do mellor Tinto de Galicia 2019 na XXXI Cata dos Viños de Galicia. 

Esta adega recibiu a felicitación do presidente do Consello Regulador, José Luis Garía Pando, aou igual que Joaquín Rebolledo e Godeval que acadaron, respectivamente, o Acio de Ouro nesta D.O. en tintos e brancos, 

García Pando, por outra banda, agradece moi especialmente a implicación das adegas na Feira do Viño de Valdeorras. “A súa participación é fundamental para que sexa un éxito e se consolide, ano tras ano, como un verdadeiro escaparate promocional dos nosos viños”.