
No acto deuse a coñecer unha nova campaña promocional da firma, baixo o nome "A tenda que vai contigo".
Ao acto ao acudiron medio centenar de provedorese tamén estiveron presentes a concelleira de Comercio e Hostalaría, Mariola López; o director de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro; o director de compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa; a directora de relacións institucionais, Gabriela González, e o responsable de hipermercados Eroski, Bruno Fernández.
Na súa intervención, Jorge Eiroa afirmou que a compañía «abrimos as nosas tendas aos produtos locais producidos na contorna próxima a cada centro, convertendo aos nosos provedores e aos seus produtos nos verdadeiros protagonistas das nosas tendas». Ata o sábado, o establecemento realizará actividades de promoción.