
Así o puxo en valor a presidenta provincial, Carmela Silva, na presentación do festival na lonxa de Cesantes, na que tamén participou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o concelleiro de cultura e turismo, Daniel Boullosa, e o codirector di festival, Luis Campos.
Durante estes catro días de festival, a illa de San Simón vaise encher de música, gastronomía, lecer e moitas outras actividades. Así, nos últimos anos pasaron pola illa artistas coma Alt- J, Maika Makovski, Camila Moreno, Anna Meredith ou Malándromeda, entre outras e outros artistas. Na última edición, o "Sinsal Son Estrella Galicia" recibiu a preto de 3.000 visitantes durante as dúas xornadas, das cales 650 pasaron polo stand de Igualdade da Deputación onde se prestou asesoramento e, amais, no marco da campaña de Turismo Sustentable repartíronse preto de 700 ecocabichas.