O teatro internacional sae a escena en Ribadavia

Este xoves arranca 35ª edición da Mostra Internacional de Rivadabia, que traerá un total de espectáctulos procedentes de cinco países (España, México, Francia, Argentina y el Congo) nun nutrido programa que non dará tregua nin un só día ata o vindeiro 27 de xullo. 

Unha vez máis, a diversidade de xéneros volverá ser a nota predominante, nun festival que se esforza por presentar tanto espectáculos consagrados a nivel nacional e internacional como obras de novos creadores que poidan utilizar a MIT de Ribadavia como impulso.

Entre a diversidade existente o concepto de espello e o teatro documento serán o fío conductor nesta edición, sirva como exemplo a obra "La jauría" que revolucionou a escena nacional coa súa representación do xuízo da "Manada" a través dos extractos literales do xuízo, unha obra cruda e sobrecolledora na que a actriz María Hervás ten colleitado grandes críticas pola súa representación da víctima.

Tamén haberá moito circo contemporáneo nos escenarios principais, con espectáculos como "Brimborions", dos franceses Picto Facto ou "in Tarsi" dos cataláns da Compañía de Circo "eia", ademais de espectáculos provocadores como a "Transfiguration" de Olivier de Sagazan. 

Ademais, o programa integrará un bo número de espectáculos de rúa, talleres, coloquios... Toda Ribadavia xirará esta segunda quincena de Xullo en torno ao teatro e unha mostra internacional que cumpre 35 anos con máis vitalidade que nunca.