O mundo celta reúnese unha vez máis en Ortigueira

Entre hoxe e o vindeiro domingo celebrarase en Ortigueira a 41ª edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, un encontro multidudinario declarado en 2005 como evento de Interese Turístico Internacional no que se esperan aproximadamente 100.000 persoas chegadas de diferentes países. 

A inauguración está prevista para esta tarde ás oito co izado das bandeiras das oito nacións celtas, seguida do desfile inaugural e a presentación das bandas de gaiteiros participantes, que levarán a cabo pasacalles durante os catro días do festival. 

A partir de aí, sucederanse concertos gratuitos nos que o folk será o gran protagonista. Destacan nomes como os británicos Gwendal, os irlandeses Moving Hearts ou os escoceses Shooglenifty. Aínda que por suposto tamén haberá espazo para os galegos. O domingo os protagonistas serán grupos locais, destacando o grupo de mulleres Leilía.