O 17º Ribeira Sacra Festival volve maridando música, paisaxe e gastronomía

A Ribeira Sacra acollerá esta fin de semana unha das propostas musicais máis interesantes do verán, con concertos repartidos en diversos escenarios de Monforte, Chantada, Sober y O Saviñao, combinados con actividades que pretenden poñer en valor a paisaxe, os viños e a gastronomía desta zona candidata a ser nomeada como Patrimonio Mundial da Unesco. 

O festival arrancará este xoves coa ceremonia de apertura e un concerto dos franceses 39th & The Norton na adega Abadía da Cova. Mañá venres haberá un día máis completo con concertos de Soledad Vélez no catamarán de Doade, do grupo Geométrica na bodega Regina Viarum e de Jacobo Serra no escenario Alhambra do mirador de Sanxiorto. 

O sábado será posiblemente o día máis axetreado cun gran número de concertos nos que o prato forte será ás 20:00 en Monforte cos concertos de Marem Ladson, Jonathan Willson, Kevin Johansen e Los Enemigos. Para o domingo quedarán dous concertos, o de Delafé en Chantada e o de Papaya na bodega Vía Romana. 

De forma paralela aos concertos, celebraranse actividades como catas interactivas, rutas polos miradores ou unha experiencia eno-gastronómica da man de Carlos J. González, xefe de cociña e responsable do Restaurante Merenzao.