Jazz e Blues a carón do Lérez

A XXVII edición do Festival Interncional de Jazz e Blues de Pontevedra, que terá lugar entre o martes 23 e o domingo 28 de xullo, sitúase como "o único referente deste tipo de festivais e nas Rías Baixas", en palabras de Carme da Silva. 

A concelleira de Festas, que cualificou a cita como "unha das grandes xoias do verán pontevedrés", presentou esta iniciativa acompañado por dous dos seus organizadores, Luis Carballo e José Antonio Ortiz. Os organizadores destacaron desta edición que comeza e pecha con concertos a cargo de músicos de Pontevedra. 

Ao igual que en anteriores anos, os concertos serán de balde e terán lugar nas prazas do Teucro e da Ferraría, ás 22:30 horas. O primeiro deles, será o do pontevedrés Mr. River na praza do Teucro, seguido do madrileño Álvaro del Valle Quartet, ambos na praza do Teucro. 

Mentres, na Ferraría actuará, o xoves, Joey DeFrancesco Trío, un virtuoso e referente do órgano Hammond; o venres será a quenda de Judith Hill; o sábado actuará José James; e o domingo, pechará o ciclo Gabriel Peso Trío. O último concerto ten o aliciente de que Gabriel Peso, ademais de ser pontevedrés, iniciou na cidade a súa carreira musical e xa é a segunda vez que actúa neste Festival. 

Ademais dos concertos, o Festival tamén inclúe jazz pola rúa a cargo de Street Band, e obradoiros de formación musical baixo o nome 'Pontejazz worksop' que terán lugar no antigo conservatorio e serán impartidos por Álvaro del Valle. Gabinete de Comunicación. 

Por segundo ano consecutivo, volven programarse sesións vermú, denominadas 'jazz de taberna', que terán lugar de venres a domingo ás 13h na Taberna do jazz. Nestas sesións vermú participarán Quest Trío, Standards Zone, e Frequency Trío. 

E por último, todos os días do Festival a medianoite na Gramola están previstas jam-sessións a cargo de Javier Abraldes Trío, Nacho Pérez Trío, Miguel Ponce Trío, Rosolino Marinello Trío, Alberto Rial Trío e Pedro Freijeiro Trío.