
Os viños con DOP lideraron esta subida e xa supoñen o 56,3% do investimento total en viño na canle de alimentación español, con 587 millóns de euros, máximo histórico. O seu volume leva dez anos relativamente estable, con prezos que non deixan de subir.
En 2018 os fogares españois aumentaron o valor das súas compras de viños con denominación de orixe. Os tintos creceron un 3,9%, os rosados un 4,3% e os brancos, que son os que mellor evolucionaron nos últimos 20 anos, un 8,5%. Destaca igualmente o excelente aumento dos viños con IXP.
Por tipo de envase, a botella de 75 cl. representa xa máis do 80% do investimento total en viño. O seu valor subiu en máis de 25 millóns de euros (3,2%) respecto a 2017. O valor do viño creceu o dobre (4%) que o da cervexa (2%). Sobe, e moito, o consumo de sidra mentres que as bebidas espirituosas caen por terceiro ano consecutivo.
Os últimos datos ata maio de 2019, facilitados pola Organización Interprofesional do Viño de España ( OIVE) a través do INFOVI, mostran unha moi boa recuperación do consumo de viño nos fogares españois