Festival de Viños da Ribeira Sacra esta fin de semana en Monforte

O concello de Monforte de Lemos organiza o Festival de Viños da Ribeira Sacra ao longo desta fin de semana, onde participan 25 adegas desta denominación na que prima a chamada viticultura heroica e que expoñeránbno Paseo do Malecón.

Trátase dunha cita alonsada do botellón, pois a organización platexa que non busca o consumo de viño, sí en troques a degustación, ao igual que os adegueiros participantes que máis que vender viño están pola labor de consolidadar a imaxe de marca.

A cata dos Viños Ribeira Sacra, que corre a cargo do Consello Regulador, preséntanse nesta edición un total de 67 viños pertencentes a 31 adegas: 32 viños tintos, 17 viños brancos e 18 doutras anadas.

O Festival do Viño reune a adegas de Amandi, Chantada, Ribeiras do Miño, Ribeiras do Sil-Ourense e Quiroga- Bibei, as cinco subzonas nas que se divide a denominación de orixe. 

O viño é o protagonista do festival, pero o programa inclúe outras actividades paralelas, como concertos musicais no centro histórico de Monforte e roteiros enolóxicos polos viñedos en bancales do Sil e o Miño.