
Así o avanzou o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a inauguración das novas instalacións da Sociedade Agraria de Transformación (SAT) A Campa, situada no concello coruñés de Curtis. Alí, José González sinalou tamén que Galicia segue a ser líder en España no sector lácteo español con preto do 40% da produción.
Neste senso, o titular de Medio Rural resaltou que a facturación dos gandeiros galegos tamén representa o 37% da mesma a nivel nacional, unha boa cifra que amosa estabilidade no sector neste momento.
Máis alá das valoracións oficiais, a todas luces resulta incomprensible que resulte máis caro mercar un litro de auga envasada que un litro de leite, cando a auga apenas ten custes de produción fronte aos moitos da leite derivados do mantemento do gando.
A SAT A Campa é unha empresa familiar orientada á produción de leite, que conta cunhas 80 hectáreas de cultivos forraxeiros. A súa produción é duns 1,7 millóns de litros cun censo de 324 animais. Ademais, os seus socios xestionan tamén a granxa El Pinar con 300 cabezas de gando e a queixería SAT Queinaga.