Arnoia prepara 3.200 kg de pementos para congregar máis de 10.000 visitantes

A Festa do pemento da Arnoia encara a súa 40ª edición con optimismo, contan con superar a barreira dos 10.000 visitantes para degustar máis de 3.200 kg duns pementos caracterizados pola súa forma cónica acampanada, olor intenso e sabor doce e distinguido. 

Unha festa popular nacida en 1980, que coincide que coincide coa festas patronais, co tradicional retorno de emigrantes en época de vacacións e por suposto do mellor momento dos pementos. Os días grandes serán esta fin de semana, aínda que o programa se extende máis alá con actividades gastronómicas, turísticas deportivas e automobilísticas. 

Así o destacou na presentación da festa o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, que salientou que este ano contaban cun programa potente e diverso, destacando a novidade da primeira anada dun licor elaborado a base de pemento da Arnoia, e remarcando que todo isto é posible “grazas a cooperación e máxima implicación dos veciños”.

No acto tamén se presentou a 5ª Carreira popular “8.000 varas da Arnoia”, una proba atlética na que se prevé a participación de máis de 150 corredores, que se disputará o 4 de agosto a partir das 10.00 horas, cun percorrido de 10 quilómetros por un circuíto mixto de asfalto e terra; e tamén a “2ª Concentración de Coches Clásicos Festa do Pemento”, cun percorrido entre os concellos da Arnoia, Ribadavia e Castrelo de Miño, na que participarán ao redor 30 vehículos de época. O programa da festa inclúe tamén o 5º Festival de Pandereteiras “Arnoia Viva”, que se celebrará o sábado 3 de agosto, xunto con numerosas actividades deportivas e musicais e gastronómicas.

Na presentación tamén participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, que reivindicou "unha das máis importantes citas no calendario gastronómico do verán en Galicia, coa que colabora a Deputación de Ourense, segue acadando éxito tras éxito, o que amosa a excelencia na calidade do produto, e o traballo que veciños e organizadores da festa fan en cada edición”.