Altos de Torona, primeira adega de O Rosal en garantir a sustentabilidade do proceso produtivo dos seus viños

Para a obtención da certificación en Produción Integrada, posta en marcha pola Xunta a través da Consellería do Medio Rural desde hai 3 anos, o viñedo debe pasar por diferentes análises e estritos controis cada ano.
Na subzona do Rosal, en Rías Baixas, atopamos este espazo de biodiversidade no seu estado puro, onde conviven máis de 90 especies de flora e 70 de fauna (lagarto ocelado, lagartija galega, herrerillos, carboeiros, milano negro, busardo ratonero, mouchos, ras, sapos, píntegas, etc.) amparadas baixo un plan para a acción e conservación deste hábitat natural que dá lugar a viños de carácter atlántico, de marcada tipicidade, frescor e elegancia
Sobre un outeiro, con vistas ao río Miño e próximo ao océano Atlántico, atópase o viñedo Altos de Torona. O máis grande de Galicia nunha soa peza, con 100 hectáreas divididas en parcelas, onde se cultiva principalmente a uva Albariño, ademais doutras variedades autóctonas galegas como Caíño Blanco, Godello, Loureira ou Treixadura.
E detrás de todo está o viño, que renova a súa imaxe coa anada 2018. Unha nova botella e etiqueta coa que a adega captura e enxalza a singularidade do viñedo onde as protagonistas son as ladeiras onde se cultiva a súa coupage branco Altos de Torona Roseira e a súa colección monovarietal de Albariño, Godello e Caíño, ademais dun semiseco, outro de garda con seis meses en madeira e a orixinalidade de dous espumosos, todos eles viños de carácter atlántico, de marcada tipicidade, frescor e elegancia.