A XXII edición da Feira do Viño de Valdeorras celebrouse esta fin de semana na localidade de O Barco con éxito de partipación tanto por parte das adegas como do público en xeral, a falta de datos oficiais estímase que canto menos pasaron pola feira 7.000 persoas, mellorando os datos de anos anteriores.
Pero ademais de servir de escaparate para o público xeral, a cita tamén acolleu a cata oficial da denominación de orixe, na que participaron un total de 17 bodegas con preto de 50 referencias.
Nesta edición o gañador entre os brancos foi o Quinta da Peza 2018, seguido no pódium polo D'Berna 2018 e polo Viñaredo 2018. Entre os tintos de Valdeorras, ouro para Alan de Val 2018, que estivo acompañado no cadro de honra polo Finca A Coronela 2018 e polo D'Berna 2018.
Ademais, tamén se entregaron mencións especiais para os viños destacados de anadas anteriores, resultando premiados o D'Berna 2017 entre os brancos e o Lagar do Cigur Barrica 2015 entre os tintos.