A Reconquista de Vigo xa é Festa de Interese Turístico Nacional


O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo acaba de concederlle á Reconquista de Vigo o título de Festa de Interese Turístico Nacional, converténdoa na primeira celebración da cidade olívica con esta distinción. 

Os organizadores da festa, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, xa emitiron un comunicado agradecendo o traballo das diferentes administracións para acadar esta distinción, asegurando que o Casco Vello estaba de festa e programando un brinde de celebración para hoxe mesmo ás sete e media. 

A noticia chega despois de que o alcalde de Vigo se reunira esta mañá coa secretaria de Estado de Turismo, Isabel María Oliver Sagreras e recibira de mans da ministra Reyes Maroto o diploma que acredita o novo título honorífico da Reconquista. 

Todo un espaldarazo para unha festa que cada ano gana en popularidade, enchendo o Casco Vello de Vigo con miles de persoas que conmemoran o levantamento popular que en 1809 converteu á cidade na primeira en expulsar ás tropas napoleónicas.