
O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, agradece en nome do organismo a todas as adegas que participaron na Feira, facendo posible –un ano máis- “que se converta no mellor escaparate dos nosos viños”.
Xunto a isto, tamén quere agradecer ás autoridades participantes na inauguración e clausura do foro a súa implicación e respaldo: subdelegado do Goberno en Ourense, vicepresidente da Deputación de Ourense, alcalde do Barco de Valdeorras e conselleiro do Medio Rural.