A Feira das marabillas inaugura un verán de festas na Coruña

A XXV edición da Feira das marabillas cubrirá de actividades as rúas da Cidade Vella da Coruña ata o vindeiro domingo, seducindo a locales e visitantes para perderse na maxia do medievo a través de máis de 200 postos gastronómicos, de artesanía e ocio. 

Unha cita de gran interese, que ademais representa a antesala dun mes de Agosto repleto de celebracións na cidade herculina, coa chegada da Feira do Libro, o Festival Noroeste e Viñetas dende Atlántico, como recordou na inauguración da feira a alcaldesa da Coruña, Inés Rey. 

Ademais, a alcaldesa tamén expresou a súa confianza en que este ano a Feira das marabillas supere os 150.000 visitantes que acadou o ano pasado, confirmando unha afluencia que a converte nun importante eixe na oferta turística da cidade. 

Rey estivo acompañada na inauguración por Adolfo López, presidente da Asociación de Comerciantes da Cidade Vella (ACECA), que destacou a importancia do evento para o sector da hostalería e os negocios do barrio, debido á alta afluencia de público. 

A Feira contará con máis de 200 postos abertos de 11:00 a 17:00 a 02:00, cunha sección en María Pita dedicada exclusivamente aos artesáns. Ademais, o programa tamén inclúe citas musicais na praza das Bárbaras, representacións teatrais, espectáculos de danza, lume e acrobacias e un dragón que recorrerá as rúas da cidade.