A Cidade da Cultura énchese de estrelas Michelin

Máis de 50 cociñeiros chegados de diferentes partes do mundo, cun total de 40 estrelas Michelin no seu haber,  reuniranse este mércores na Cidade da Cultura co obxectivo de debater sobre o presente e o futuro da gastronomía, centrándose na importancia da ética da cociña. 

A iniciativa leva por nome Cociña+Conciencia, eestá coordinada polo Centro Superior de Hostelería de Galicia con Pepe Solla como comisario, ademais de contar co apoio de Andoni Luis Aduriz e Ángel León. 

Ademais da xuntanza entre os cociñeiros, Cociña + Conciencia celebrará, dentro do programa de actividades, unha mostra de produtos da gastronomía galega que contará coa participación de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, así como de diferentes colectivos e asociacións de cociñeiros que exercerán de anfitrións.