A 1906 triunfa nos World Beer Awards

Un total de 701 cervexas do mundo participaron nesta edición dos premios World Beer Awards, considerados como os 'Óscar' da cervexa. Organízaos desde o ano 2007 a publicación británica The Drinks Report. 

Do total de marcas participantes 488 conseguiron pasar á final e soamente 242 cervexas foron quen de levar un galardón. Entre elas hai moitas cervexas belgas, alemás, brasileiras... pero tamén hai varias españolas que deixan o pavillón moi alto. 

A primeira cervexa española en aparecer na clasificación globlal faio nun magnífico posto 5 da listaxe xeral e é a negra 1906 Black Coupage (de Hijos de Rivera). As seguintes españolas chegan nos postos 12, 13 e 14 da clasificación global e son, con igualdade de puntos, a Ambar 1900 (producida pola Zaragonana, en Zaragoza) e de novo aparecen as 1906, nesta ocasión a 1906 Reserva Especial e a 1906 Rede Vintage. No posto 23 chega Ambar Export, e no 28 recibimos á madrileña Mahou coa súa mestra Dunkel.

Aínda que na listaxe aparecen outras cervexeiras españolas como Monkey Beer (de Toledo), Sálvea (de Bilbao) ou Moritz (de Barcelona), a que sen dúbida arrasou como grupo é Ambar cun total de 11 medallas de ouro e prata, sendo así a cervexeira española con maior número de recoñecementos neste certame.