Vueling aumenta os seus voos desde Santiago

A aerolínea vueling acaba de sumar un segundo avión baseado no Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, aumentando as súas conexións con Barcelona e con Málaga. 

En concreto, esta nova incorporación engadirá una ruta diaria coa capital catalá, pasando a 3 voos diarios, e unha frecuencia semanal á cidade andaluza. 

Na presente tempada estival, a compañía enlaza de maneira directa Santiago con 12 destinos: Barcelona, Alacante, Ámsterdam, Bruxelas, Lanzarote, Fuerteventura, Málaga, Mallorca, París (Charles de Gaulle), Roma (Fiumicino), Tenerife (Norte) e Zúric. Estas rutas opéranse dende o último fin de semana de marzo, coincidindo co inicio do verán aeronáutico.

Así, este verán, a aerolínea porá a disposición dos pasaxeiros un total de 512.684 prazas, o que supón un incremento do 7% respecto o pasado ano.