Volven as maridaxes atlánticas de Martín Códax

Dende as bodegas Martín Códax volverán achegarnos un ano máis os sabores do Atlántico cun completo programa de catas maridaxe dos seus viños e de petiscos elaborados por prestixiosos cociñeiros a partir de produtos de proximidade. 

"As tardes do Atlántico" pretenden ser unha viaxe a través dos sentidos pola esencia e tradición atlánticas. Neste novo ciclo, a adega propón outra maneira de achegarnos aos produtos galegos e aos seus produtores, dende a óptica de maridaxes arriscadas cos mellores produtos do mar en conserva, algas, cociña xapo-galega, queixos galegos e internacionais, empanadas artesás e todo co toque revolucionario dos cociñeiros Adrián Felipez (Restaurante Miga), Dani García (Grupo Dani García), Iván Domínguez (Restaurante Nado), Marcos Cerqueiro e Iago Pazos (Restaurante Abastos 2.0) e Pepe Solla (Restaurante Casa Solla), reivindicando a excelencia de produtos premium de Conservas Albo, Conservas Frinsa, Conservas Portomuiños, queixos da Quesería Marqués de Valladares e doutros produtores de proximidade. 

A primeira Tarde do Atlántico celebrarase o vindeiro martes 2 de xullo, xornada na que serán protagonistas o viño e a cociña xapo-galega, elaborada con peixes da zona. Esta actividade, que se realizará en tres pases horarios, cada día, os martes, mércores e venres, na terraza; terá un prezo de 15 euros por persoa e a reserva deberá realizarse chamando á adega no teléfono 986 526 040 ou a través do correo electrónico enoturismo@martincodax.com 

PROGRAMA XULLO-AGOSTO

Abastos 2.0: Cociña xapo-galega. 2, 23 xullo e 13 agosto. 
Alta cociña en lata: Frinsa + Pepe Solla. 3, 17 xullo e 14, 28 agosto. 
Quesería Marqués de Valladares: Queixos do mundo. 5, 26 xullo e 9, 23, 30 agosto. 
Produtores de proximidade: Adrián Felipez. 10, 31 xullo e 21 agosto. 
Alta cociña en lata: Albo + Dani García. 9, 24, 30 xullo e 7, 20 agosto. 
Empanadas artesás: 12 xullo e 2 agosto. 
Conservas de terra e mar: Iván Domínguez + Portomuiños. 16 xullo e 6, 27 agosto. 
Cociña en doce: 19 xullo e 16 agosto