
A programación desta Semana ofreceu unha xornada técnica sobre o rural ourensán para coñecer máis de preto as súas potencialidades desde o punto de vista do tecido agroalimentario. Ademais, o programa incluiu un obradoiro práctico sobre as ferramentas para a comunicación dixital para coñecer as vantaxes do uso das TIC´s e as súas aplicacións ao marketing dixital.
Outras mesas-faladoiro abordaron diversos temas vencellados ao sector da viticultura como o papel da muller no sector do viño, ou escumosos galegos. Todas elas tiveron lugar no salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, con entrada libre.