Pontevedra pecha con éxito as súas rutas ornitolóxicas

Este domingo rematou a segunda edición do programa da de rutas ornitolóxicas da Deputación de Pontevedra "Voando nas Rías Baixas", unha exitosa iniciativa que esgotou todas as prazas nas cinco rutas ofertadas. 

A última das rutas, a deste domingo, percorreu a Serra do Suído, situada nas comarcas de Pontevedra, Vigo e A Pardanta, na que o público puido coñecer de primeira man a riqueza ornitolóxica dos concellos da Lama, Fornelos e Covelo. Antes os interesados na observación de aves xa percorreron o Esteiro do Río Miño e Foz da Ramallosa no Baixo Miño e no Val Miñor, a Enseada de San Simón na Ría de Vigo,aReserva Ornitolóxica do Grove e as Brañas de Xestoso. 

O éxito de afluencia da convocatoria xa animou ao organismo provincial a confirmar que haberá terceira edición. Está previsto que se faga unha aposta aínda maios, volvendo a ofrecerse rutas por zonas de alto valor ecolóxico,, respectando e poñendo en valor os recursos naturais da provincia.

Ao fin e ao cabo, o coñecemento práctico do patrimonio natural da provincia achega unha maior sensibilidade e conciencia ambiental á poboación o que provoca unha maior riqueza cultural. Amais, o turismo ornitolóxico, no que se enmarca esta iniciativa da Deputación, é unha acción que desestacionaliza o destino provincia de Pontevedra e esperta un grande interese especialmente entre o público anglosaxón e centroeuropeo.