No acto estiveron presentes presidentes e representantes dos colectivos de Santiago de Compostela, A Coruña, Cantabria, Biscaia, Guipúscoa e Asturias, así como o presidente e o secretario da Confederación Empresarial de Hostalería de España, José Luis Yzuel e Emilio Gallego Zuazo.
Tras a reunión visitarán a Muralla e, ás 12:30 h, o Museo Universitario da Domus do Mitreo. Finalmente, serán recibidos ás 13:30 h polo presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, e o deputado de Turismo, Eduardo Vidal, no Pazo de San Marcos.
Recibiunos o presidente da Apehl, Cheché Real, cunha degustación de produtos da provincia de Lugo e presentoulles o actual proxecto que ten a Asociación en marcha: as Xornadas Exaltacións Gastronómicas, que se están a desenvolver ao longo do ano. As próximas darán comezo o 21 de xuño e estarán dedicadas á Merluza do Pincho de Burela, á Ovella Galega e á Castaña de Galicia.