
O evento serviu para desvelar os gañadores nas distintas categorías dos galardóns para viños, designados nunha cata cega por un panel de expertos.
Pazo do Mar Expresión 2018 (Pazo do Mar) é o “Mellor viño branco de adega”, sendo os outros finalistas Pazo Tizón 2018 (Pazo Tizón); Alter 2018 (Priorato de Razamonde); Catro Parroquias 2018 (Loeda); Farnadas 2018 (Pazo de Vieite) e Antonio Montero Autor 2018 (Vinos Antonio Montero).
O galardón ao “Mellor viño branco de colleiteiro” recaeu en Finca Teira 2018 (Manuel Formigo de la Fuente), acompañado como finalistas por Libro 2018 (Antonio Cajide Gulín); Casal de Paula 2018 (Emilio Docampo Diéguez); Mal raio te parta 2018 (Javier Estévez Abeledo); Manuel Rojo 2018 (Adega Manuel Rojo) e Lagar do Meréns 2018 (José Meréns Martínez).
O “Mellor viño tinto de adega” foi para Alberte 2018 (Nairoa), con Alter 2018 (Priorato de Razamonde); Viña do Campo Mencía 2018 (Docampo); Preto de Leive 2017 (Leive Ecoadega); Divino Rei 2018 (Castro Rei) e O Cotarelo 2018 (Benigno Ríos Mosquera) como finalistas.
E, o “Mellor viño tinto de colleiteiro” é Mónica Albor Mencía 2018 (Mónica Albor López), mentres Elisa Collarte 2018 (Elisa Collarte Bernárdez); Verbas 1917 2017 (Eva Bermúdez Pulleiro); Viña Carpazal 2018 (José Antonio Rodríguez Fernández); Celme do Souto 2017 (Adegas Celme) e Manuel Rojo 2017 (Adega Manuel Rojo) tamén chegaron á cata final.
Por outra banda, o “Premio á mellor tarefa de Comunicación” foi para os programas da Televisión de Galicia Labranza e O Agro; María Isabel Mijares, Premio “Muller e Viño” 2019 e Emilio Rojo, premio "Vida entre Vides".
Na cerimonia tamén foron premiados tres establecementos. La Sucursal (Lugo) recibiu o galardón a “Mellor tenda especializada – viñoteca”; La Molinera (Lalín), o de “Mellor servizo de viño en restaurante”; e a Taberna A Curva (Portonovo) foi distinguida como “Mellor taberna – Bar de viños”.
O presidente do Consello Regulador, Juan Manuel Casares, anunciou que o organismo contará por fin cunha nova sede, tras lograr o acordo coa Xunta. “Unha vez recibido o plácet da Xunta de Galicia, nos vindeiros días asinaremos un novo acordo de cesión das instalacións para a nova sede por 35 anos. Unha vez asinado, un proxecto pagado integramente con fondos propios do Consello, dotaranos dun local á altura da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia”, apuntou Casares.