O Son do Camiño arranca con 33.000 persoas por día no Monte do Gozo

O festival Son do Camiño arranca hoxe a súa segunda edición, cun cartel de artistas nacionais e internacionais que reunirá no Monte do Gozo nada menos que 33.000 persoas por día ata o próximo sábado. 

Unha vez máis, os abonos para o festival esgotáronse en cuestión de horas e a expectación é máxima. Todo está preparado para esta primeira xornada, na que os pratos fortes serán grupos como Die Anttwoord, Richart Ashcrof ou Bastille, pero polos dous escenarios do festival pasarán moitos outros grupos: Kitai, Royal Republic, Dimitri Vegas & Like Mike, Alice Wonder, Molina Molina, Second, Graveyard, Beret e The Zombie Kids. 

O venres chegará o turno dos internacionalmente coñecidos BlackEyed Peas e da artista de moda en España, Rosalía. Tamén tocarán W&W, Bloc Party, Iván Ferreiro, Igloo, Moito!, Cariño, Marem Landson, Hard GZ, Shinova, Varry Brava ou Elysella. 

Queda para o sábado, último día, o concerto do incombustible Iggy Pop, que fará resoar o Monte do Gozo con clásicos coñecidos por todos como The Passenger ou Lust for life. Acompañando ao rockeiro estarán o DJ David Ghuetta, Vetusta Morla, The Hives, Electric Pyrapid, Ortiga, Mordem, Familia Caamagno, Full, Bad Gyal, Ayax y Prok e Eme DJ, que estarán a cargo do fin de festa ben entrada a madrugada.