O lume de San Xoán xa arde no Pico Sacro

Este domingo os druidas camiñaron de novo polo Pico Sacro, preparando o lume purificador co que se prenderán as fogueiras de San Xoán en Santiago de Compostela. 
A asociación O Castro da Fervenza de Callobre organizou a recreación dunha cerimonia pagana que lle daba a benvida do solsticio de verán. Un druida caracterizado preparou o pebeteiro no que se prenderá o lume purificador que posteriormente será levado a Santiago de Compostela nunha comitiva que sairá da Alameda e percorrerá as rúas do casco histórico ata Mazarelos. 
Unha vez alí só quedará facer a ofrenda o lume e prender as cacharelas de San Xoán, deixando todo preparado para a festa que todos coñecemos.