
En canto aos establecementos hostaleiros premiados este ano son La Sucursal, de Lugo, que recibirá o galardón á “Mellor tenda especializada – viñoteca”, tomando o relevo a La Tienda de Lino (A Coruña), que foi a agraciada no 2018; La Molinera (Lalín) é recoñecido como “Mellor servizo de viño en restaurante”, o pasado ano premiouse a Bacelo Taberna Vinaria (Ourense); e Taberna A Curva, Portonovo, gaña o premio á “Mellor taberna – Bar de viños”, e sucede a Tamarindo (Ourense).
Estes tres locais súmanse a Paradores, “Premio de Honra”; aos programas de Televisión de Galicia Labranza e O Agro, “Premio á Mellor Tarefa de Comunicación”; e a Isabel Mijares “Premio Muller e Viño”, da Denominación de Orixe Ribeiro.
O evento é unha celebración arredor dos viños da Denominación de Orixe con máis historia de Galicia que reivindica o traballo de todos os que os fan posibles e reúne aos profesionais das distintas pólas do sector.