Fogar do Santiso chega a Allariz

O coñecido grupo de restauración ecolóxica Fogar do Santiso, con base en Teo, abrirá no complexo etnográfico da Fábrica de Vilanova de Allariz o seu sexto proxecto de restauración co que suma cinco restaurantes e un exitoso catering. 

Desde a sua fundación, en 1996, Fogar do Santiso ven de sufrir unha gran transformación, coa evolución a un restaurante ecolóxico e as sucesivas aperturas de distintos restaurantes, co que suma así esta nova incorporación, un restaurante en Oleiros, dous en Compostela, un catering e o restaurante orixinal en Teo. 

A evolución deste proxecto foi constante, desde a sua orixe ata convertirse nun referente da restauración onde a inmensa mayoría do producto é de producción propia, os vexetais, cultívanse en Teo en 10 hectáreas de horta ecolóxica certificadas polo CRAEGA, a cen metros do Fogar orixinal. 

Alí conta cun moderno centro de producción con cociñas, panadería, salas de despece e outros obradoiros onde se procesa toda a materia prima, coma a que chega das lonxas coas que mantén desde fai anos un convenio de pesca sustentable ou o do proxecto gandeiro de 5.500 hectáreas nos montes de Ourense, onde se cría exclusivamente vacún de razas autóctonas galegas en perigo de extinción. 

Este proceso de crecemento ven motivado polo obxectivo de acadar ser unha empresa refrente de economía circular: que pon en valor o rural, que xenera emprego local, que produce parte da sua enerxía mediante placas solares, que recicla case tódolos seus residuos, que composta, que emprega biomasa galega, e que traballa cun obxectivo de ir cara residuo cero.