A pegada de carbono é un indicador medioambiental que expresa a cantidade de gases con efecto invernadoiro emitidos á atmosfera por mor da fabricación dun produto ou derivado do funcionamento dunha organización. Polo tanto, mostra a contribución da Consellería do Medio Rural na loita contra o cambio climático a través das emisións derivadas dos procesos que desenvolven os seus centros.
Despois do éxito acadado nas dúas primeiras edicións, con máis de 600 asistentes en dous anos, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria organizou a III Semana Vitivinícola de Galicia, xunto á Deputación de Ourense, que ademais é a sede das xornadas.
Este evento consiste en tres días de actividades múltiples co obxectivo de achegar un pouco máis o sector do viño á sociedade galega. Así, combínanse xornadas de carácter máis técnico que requiren de inscrición previa con outras de carácter divulgativo de interese para o público en xeral e con entrada de balde como poden ser mesas faladoiro sobre as mulleres no mundo do viño, sobre os escumosos galegos ou sobre o tostado do Ribeiro.