
Este ano compiten 157 adegas de viño con 349 mostras. Por outra banda, as Catas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia comezarán o venres 14 de xuño e contan coa participación de 16 adegas.
Ademais, o director de Agacal mostrouse “moi satisfeito” co nivel de catadores deste ano, composto por 25 profesionais e afeccionados vinculados ao mundo do viño e ás bebidas espirituosas (18 catadores para os viños e 7 para os licores). Os gañadores destas catas daranse a coñecer, como todos os anos, nunha gala organizada para a ocasión.