As exaltacións gastronómicas siguen en Lugo

Dentro do ciclo Exaltacións Gastronómicas, organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) en colaboración coa Deputación de Lugo, este venres dan comezo as xornadas do mes de xuño que terán lugar ata o día 30, adicadas á Merluza do Pincho de Burela, á carne de Ovella Galega e á Castaña de Galicia.

O presidente da Apehl, Cheché Real, e o deputado de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, presentaron no Pazo de San Marcos a seguinte xornada das Exaltacións Gastronómicas. 

Durante o acto Real apuntou que “o obxectivo é que tanto visitantes como residentes teñan a oportunidade de gozar da nosa boa materia prima, elaborada e servida polos nosos excelentes profesionais”. 

Pola súa parte, Vidal destacou que “a campaña Exaltacións Gastronómicas ten como obxectivo fomentar o turismo gastronómico na provincia, cada vez máis en alza. Con esta iniciativa poñemos ademais en valor a excelente calidade da gastronomía lucense a través da degustación de produtos acreditados cos selos de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), de Denominación de Orixe (DOP), e de Raza Autóctona con selo de calidade que teñan representación na provincia.” 

A iniciativa, coa que cada mes ata novembro teñen lugar unhas xornadasa dicadas a diferentes produtos da provincia, ten o apoio de diferentes entidades gastronómicas como Afapan, o Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, a DOP Queixo Tetilla, a IXP Mel de Galicia, Avimós, a IXP Castaña de Galicia, a IXP Ternera Gallega, o CRDOP Queixo do Cebreiro, Asoporcel, a DOP San Simón da Costa, Galletas Daveiga, o CRDO Ribeira Sacra, Armadores de Burela SA, a IXP Faba de Lourenzá, Acruga, a DOP Arzúa-Ulloa, Asovega, a IXP Lacón Gallego, a IXP Pementos de Mougán, a IXP Grelos de Galicia e a IXP Pataca de Galicia.