Un ano máis, o
Consello Regulador da D.O. Valdeorras divulga a potencialidade dos viños do
territorio amparado coa habilitación dun espazo expositor propio na prestixiosa
feira sectorial London Wine Fair.
Un total de 14 adegas valdeorresas participan
neste foro especializado que se celebra ata mañá na capital británica: Adega A
Coroa S.A.T., Adega Avelina S.A.T., Adega da Pinguela S.L., Adega Melillas e Fillos
S.L., Adega O Casal S.A.T, Adega Quinta da Peza S.L., Bodegas Godeval S.L.,
Joaquín Rebolledo S.A., Bodegas Roandi S.L., Sampayolo S.L., Santa Marta S.A.T.,
Guitián y Blanco S.C., Viña Valdeiga e Terriña S.L.
Segundo o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, “participar
neste foro, un dos máis relevantes de Europa para o sector vitivinícola, permitirá
aos adegueiros valdeorreses seguir fortalecendo a súa presenza no mercado
británico”. Neste sentido, destacou que “o Reino Unido é un dos mercados
exteriores aos que máis viños se exporta desde Valdeorras”.
Os tintos, cada vez máis coñecidos
García Pando quixo resaltar tamén “o elevado número de visitantes” que recibiron
os stands habilitados polo Consello Regulador nos últimos actos promocionais
desenvolvidos tanto no territorio do Estado español coma en foros internacionais,
“sinal de que os nosos viños son cada vez máis coñecidos, unha transcendencia
que engloba non só aos ben posicionados godellos, senón que se amplía cada ve
z
máis aos tintos da zona”, asegurou.