Segunda edición de Equigal, o Salón Internacional do Cabalo de Galicia

A décimo segunda edición de Equigal, o Salón Internacional do Cabalo de Galicia se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 17 ao 19 e do 24 ao 26 de maio de 2019. O Executivo Provincial, colabora con este evento, no que a entrada é gratuíta, realizando unha achega económica de 40.000 euros.

Como cada ano, haberá a Exhibición de Saltos de Obstáculos Cidade de Lugo; o Concurso Nacional de Cabalos de Pura Raza Árabe, puntuable para o campionato de España; e o Concurso Internacional de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española, que puntuará para o campionato do mundo A.N.C.C.E. Ademais, nesta nova edición, celebrarase, como novidade, os Xogos Ecuestres Federados; unha competición a nivel federativo de distintas disciplinas hípicas: andadura, enganches, horseball, ou doma clásica, entre outros.

A Deputada de Promoción Económica e Social, SonsolesLópez Izquierdo, sinalou que “como cada ano, Equigal, converte á cidade de Lugo e a Provincia, durante dous fines de semana, na capital ecuestre do mundo, reunindo a preto de 10.000 persoas chegadas de diferentes puntos da península. Esta é a cita perfecta para apreciar a beleza destes animais, así como desfrutar das numerosas actividades e certames nos que poderemos ver a algúns dos mellores exemplares do país.

Equigal é unha cita completamente asentada na nosa provincia, que ano tras ano, conta con gran éxito de participación e de público, pois nas últimas edicións superáronse os 16.000 visitantes”.