Os
grandes nomes e o completo de actividades non impiden que o foco do
Festival de Cans estea posto, coma sempre, nas curtametraxes, das que se
revelaron as seccións oficiais de Ficción e Animación, con dez e cinco filmes respectivamente, e apostas como a de ExtraCans ( cuxas entradas xa están á venda na tenda oficial), con pezas de diversos lugares do mundo que achegarán ata Cans cineastas chegados de Armenia, Estados Unidos, Francia ou Suíza, nas que participan profesionais galegos. Alfonso Pato, director do festival, destacou precisamente o carácter cada vez máis internacional do Festival, que este ano inclúe tamén a retrospectiva a Hannes Stöhr e pezas de Paulo Furtado ou Pedro Maia, "formando
así programación composta por 152 obras audiovisuais 16 estreas
absolutas de curtametraxes e máis de 40 actividades". Resaltou "tamén
unha das liñas transversais da programación desta edición que ten á
muller como centro e que se reflicte na sección Ultravioleta, filmes realizados con perspectiva feminista, pero tamén nas actuacións musicais do Escenario Fundación SGAE, ou o decálogo de visibilidade das mulleres de Cans.
O director da Agadic, Jacobo Sutil,
felicitou á organización por “realizar un festival cuns sinais de
identidade ben marcados e a vinculación coa veciñanza”, mentres Xosé Leal, Deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra,
celebrou que "Cans ademáis de ser un certame que atrae talentos de aquí
e fóra, ten unha función importante na súa labora de educar a todo de
públicos través do cinema”.
Repasando as novidades do programa, Alfonso Pato sinalou a riqueza do cartel musical, que ademais de Wyoming y Los Insolventes incorpora o pop electrónico de Aries, o verbo combativo de Dakidarría en formato acústico, o particular soul de Patricia Moon, o folk reformulado de Raiceira, e a canción de autora de MJ Pérez ou Su Garrido Pombo. Tamén fixo especial fincapé na sección Fillas e fillos de Cans,
na que cineastas con conexión co Festival ofrecen ao público o
privilexio de ver imaxes inéditas dos seus filmes antes de estrealos.
Desta volta coñeceránse filmes como o documental Beiras. Vivir 2 veces, de Jorge Coira, que chegará a Cans acompañado do político Xosé Manuel Beiras, protagonista do documental, ou El Santa Isabel, de Paula Cons. Ese vínculo duradeiro que Cans constrúe con cada cineasta tamén se deixa ver, como subliñou Pato, na presenza na Sección Oficial a Concurso de vellas e vellos coñecidos do Festival como Sandra Sánchez, Fran X. Rodríguez, Pedro Sancho, David Fidalgo Omil ou Borja Santomé.
As caras familiares comparten protagonismo con figuras emerxentes do
audiovisual galego, como as que representan na mesma competición
directoras da xuventude de Nacho Ozores, Lucía Estévez, Noelia Muíño ou Aldara Pagán. A delegada en Galicia da Fundación AISGE, Isabel Blanco, falou sobre a parte da programación que eles mesmos coordinan, e destacou
tamén a importancia de Cans como espazo de debate para público,
profesionais e asociacións nos diferentes encontros desta edición:
o encontro “20 anos de Mareas Vivas” con actrices e actores como Camila Bossa, Víctor Mosqueira ou Miguel de Lira; Proxecto Orballo e Pioneiras e Pioneiros.
|