Quiroga celebra a súa tradición aceiteira

Este domingo Quiroga celebrou no muíño de Bendilló a súa 19ª Mostra do Aceite cunha completa xornada na que se puideron desfrutar de demostracións do traballo no muiño, catas de aceite, actuacións musicais e danza.

O aceite de Quiroga é un dos óleos máis tradicionais da provincia,grazas ao climatoloxía tan característica do Val quiroguense. A súa produción é artesanal e conta con séculos de historia.

O grande atractivo desta cita foi a elaboración de aceite de xeito artesanal, mediante a posta en marcha, coa axuda dun burro, da almazara romana, o muíño de olivas tradicional que datado entre os séculos I e II d.C., aproximadamente, unha peza de grande interese histórico e etnográfico.

Entre os centos de asistentes estivo a deputada provincial Sonsoles López, que sinalou que “trátase dunha cita asentada xa na provincia, a que cada ano se achegan máis visitantes. Dende o Goberno Provincial apoiamos estas feiras xa que impulsan o comercio de produtos autóctonos, dinamizando a economía local e axudando a potenciar o turismo na zona. En concreto a industria do aceite ten unha gran potencialidade e unha clara proxección de futuro, grazas as características saudábeis do aceite de oliva”