
Segundo anunciou a Comisión Europea e Europa Nostra á Fundación Barrié, mecenas do proxecto, recoñécese o "extraordinario" proxecto de conservación preventiva e restauración do Pórtico e a súa contorna na Catedral de Santiago.
Así, o xurado eloxiou o proxecto en Compostela como un "exemplo moi destacado de conservación e coidadosa recuperación de escultura dean pedra policromada nunha obra de fundamental importancia na escultura románica". "Este monumento é un dos lugares de peregrinaxe máis visitados de Europa e é representativo do seu patrimonio", destaca.
Os premios serán entregados nunha cerimonia dos Premios de Patrimonio Europeo, que se celebrará o 29 de outubro en París, durante o Congreso de Patrimonio Europeo.