Premio do xurado de ficción e animación á mellor curtametraxe de imaxe real para LIMBO, de Dani Viqueira, pola forza do universo sonoro e visual, polos seus convincentes efectos e polo seu final sorpredente.
Premio do xurado de ficción e animación á mellor curtametraxe de animación para SOY UNA TUMBA, de Khris Cembe, pola súa capacidade emotiva, a súa sensibilidade e a súa proposta plástica.
Mención especial do xurado de ficción e animación a HOMOMAQUIA, de David Fidalgo Omil, pola contundencia da historia, a determinación da animación e o emprego do movemento para crear tensión.
Premio AISGE do xurado de ficción e animación á mellor interpretación feminina para MARTA NIETO, por De repente, la noche. Pola sutileza expresiva que transmite a viaxe da personaxe ao longo de toda a historia.
Premio AISGE do xurado de ficción e animación á mellor interpretación masculina para JAIME OLÍAS, por O que medra por dentro. Porque ante a ausencia de diálogos, coa mirada transmite a intención da obra.
Premio CREA do xurado de ficción e animación á mellor realización para Noelia Muíño por THE WIDOW. Pola dirección actoral e a recreación dunha atmosfera opresiva como motor da historia.
Premio AGAG do xurado de ficción e animación ao mellor guión para Noelia Muíño por THE WIDOW. Polo emprego da suxerencia e a sutileza por enriba do subliñado.
Premio
do xurado de ficción e animación á mellor banda sonora orixinal, por
unanimidade, para Germán Díaz por LIMBO, por ser unha banda sonora
maxistral, orixinal e arriscada.
Premio RC do xurado de ficción e animación á mellor dirección de fotografía para Asia Khmelova, por THE WIDOW, polas súas composicións coidadas, o emprego intelixente do reencadre e a luz pictórica.
Premio do xurado de FuraCans á Mellor curtametraxe de non ficción para DEVALAR, de Mar García,
por bucear no íntimo cunha visión personal proporcionando unhas imaxes
cheas de forza e sutileza, por ter a coraxe de cuestionar os seus lazos
familiares e porque o xurado considera que o único xeito de ter unha
mirada propia é enfrontarse ás súas propias pantasmas.
Mención especial do xurado de FuraCans a CAERÁN LÓSTREGOS DO CEO, de Adrián Canoura,
polo seu traballo arredor do aspecto sensorial, a reverberación do
literario da peza e por aparecer coma un raio dentro da sección.
Premio do xurado dos veciños e veciñas á Mellor curtametraxe de imaxe real é para O QUE PRECEDE Á CAÍDA É BRANCO, de Aldara Pagán,
por ter como protagista un tema que está moi á orde do día, pola
valentía da directora, que ademais de ser novel se rodeou dun equipo
técnico composto por mulleres.
Mención especial do xurado dos veciños e veciñas para DE REPENTE LA NOCHE, de Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente, pola cercanía da historia e polo bo facer do equipo en todos os aspectos técnicos da peza.
Premio do xurado de videoclips foi para “VISION”, dirixido por Peque Varela para o grupo Window Pane,
polo seu risco, os xogos visuais e o seu ritmo facendo dela unha
proposta maxistral de motion graphics que transmite ao mesmo tempo
agresividade e contemporaneidade.
Mención especial do xurado de videoclips para “GRIS”, dirixido por Xaime Miranda para o grupo Basanta, pola súa pulcritude e calidade técnica e por levar o xénero do videoclip ao cinematográfico.
|