
Elisa Rubí, na súa intervención destacou a transversalidade do curso, mesturando temas como o coidado da terra e a cepa, a elaboración do viño, a xestión dunha adega, a comercialización, o enoturismo e o aspecto cultural”.
En dito curso participan profesores universitarios e profesionais do sector do viño, todos eles de recoñecido prestixio, nun ambiente que transmita a cultura de cata. Ditos profesionais son profesores e catedráticos da Universidade de Santiago, de Vigo, de A Coruña e de Madrid, e así como profesionais do sector como enólogos, responsables do enoturismo, xestores da Ruta do Viño ou da Denominación de Orixe Rías Baixas.”
Fernando Gonzalez Laxe e o profesor da Universidade de Vigo, Patricio Sanchez, presentaran o informe que elaboran sobre a importancia económica e social do sector do viño en Galicia, dunha importancia especial para o Val do Salnés. Tamén, confirmou a súa asistencia, Nava Castro, Directora Xeral de Turismo, e pechará o curso o Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez”.
Este curso está dirixido alumnos, profesores universitarios ou de formación profesional, institutos, profesionais do sector do viño ou público xeral que queira acercarse ao mundo do albariño actual e ás tendencias e novidades do sector, contemplado dende varios puntos de vista.