A provincia de Lugo contará cunha app gratuita para dispositivos móbiles con 1.000 puntos turísticos e un roteiro interactivo deseñado para coñecer todo o que ten que ofrecer.
A Xunta de Goberno da deputación vén de contratar o deseño desta aplicación, un proxecto no que levan traballando dende hai tempo. Son un total de 142.000 euros os que se destinan á creación desta APP, que comezará a funcionar con 1.000 puntos de intereses de toda a provincia e un roteiro intelixente sobre o casco histórico da cidade de Lugo, que incluirá 12 puntos de información.
A empresa adxudicataria terá agora que ofrecer varias propostas con todos os detalles. É dicir, cales van a ser exactamente estes primeiros 1.000 puntos de interese turístico da provincia ou o deseño exacto da ruta en Lugo, entre outras moitas cuestións. Este proxecto inclúe ademais a instalación de 200 novos paneis informativos ou sinais sobre os recursos turísticos, patrimoniais, gastronómicos ou culturais do casco histórico de Lugo. Tamén máis de 150 indicadores peonís para os visitantes.
Para o funcionamento desta APP, colocaranse unha ducia de tótems, que ofrecerán sinal bluetooth para realizar a ruta. Cada vez que un usuario pase diante deste tótems, recibirá información auditiva sobre o recurso turístico que está a ver.