Latras galegas con Viña Costeira na nova adega Pazo de Toubes

O 17 de maio celébrase cada ano o Día das Letras Galegas e nesta quenda Viña Costeira non quixo desaproveitar a oportunidade de homenaxear a escritores galegos, á vez que estrea un lugar moi especial coma espazo para eventos: a adega de Pazo de Toubes.

A celebración, que está convocada para o día 18 sábado, será moi limitada en canto a convidados, polo que dende a adega propoñen a tódalas persoas interesadas en asistir, reserven a súa praza canto antes nesta ligazón. O acceso ao recinto será mediante autobuses gratuítos de ida e volta a disposición de todos desde a adega de Viña Costeira (con saída ás 19 h), para facilitala participación a quen desexe asistir sen vehículo propio.

O programa do sábado día 18 de maio comezará ás 20:30h, e incluirá: concerto na adega de Pazo de Toubes do dúo “Soul & Roll; mesa de queixos; viños e ágape e moitas sorpresas que farán da xornada un día inesquecible.