Kiko Veneno actuará nos Xoves de Códax

Bodegas Martín Códax presenta a VIII edición do ciclo musical Os Xoves de Códax, no que ofrece unha programación dividida en propostas de autor e propostas de banda, con nomes de prestixio nacional e internacional. Os concertos, que se celebrarán os xoves dos meses de xullo e agosto ás 20.30 horas, estarán marcados pola gran variedade de estilos fusionados entre si, abarcarán dende jazz, salsa, rumbarock, electrónica e folk galego. 

Esta mestura musical de talento e cultura celebrarase na terraza-lounge de Bodegas Martín Códax, onde os asistentes poderán gozar das actuacións do ciclo no marco dos solpores únicos das Rías Baixas, e degustando os viños da bodega. 

É importante destacar o compromiso social destes eventos. Ao longo das sete edicións celebradas, ata o de agora, os ciclos de “Os Xoves de Códax” recadaron máis de 100.000 euros,que foron repartidos entre diferentes asociacións solidarias da zona. 

Dentro da programación escollida, os Xoves estarán definidos por unhaproposta de cantautores eoutra centrada nos grandes formatos e bandas. En xullovisitaránnosFrediLeis, ZeneteNajlaShami eYumiGipsy Bande Moisés Fernández. E os protagonistas dos Xoves do mes de agosto serán Sonia Lebedynski, Abe Rábadee Salvador Sobral, Kiko Veneno eBaiucae a Gallaecia Small Band. 

Para asistir a calquera dos concertos do ciclo é preciso adquirir a entrada na páxina web da Bodega Martín Códax (www.martincodax.com). A partir do vindeiro martes 4 de xuño ás 12.00 horas poderanse mercar as entradas dos concertos do mes de xullo, pero ata o vindeiro martes 2 de xullo, tamén ás 12.00 horas, non estarán dispoñibles os tíckets para as actuacións de agosto. Poranse á venda un total de 400 entradas por concerto. Así mesmo, a entrada estará prohibida para todas as persoas menores de idade. 

As entradas terán un prezo de 15 euros, e os beneficios recadados serán destinados a entidades benéficas da zona, como parte del compromiso da bodega coa sociedade galega. 

FECHAS
ARTISTAS
4 de xullo
FrediLeis
11 de xullo
Zenet e NajlaShami
18 de xullo
YumiGipsy Band e Moisés Fernández
1 de agosto
Sonia Lebedynski
8 de agosto
Abe Rábade e Salvador Sobral
15 de agosto
Kiko Veneno e Baiuca
22 de agosto
Gallaecia Small Band