IV Gastrofórum no CSHG, a gasgtronomía con propósito a debate

“Gastronomía con propósito” foi o lema do IV Foro Gastronómico da Consellería de Cultura, Gastrofórum, celebrado no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Neste escenaraio diversos relatores analizaron a gastronomía como elemento sustentable con incidencia no desenvolvemento social, cultural, económico e mediomabiental. O evento, que se prolongou durante toda a xornada, foi inaugurado polo conselleíro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. 

A xornada artellouse arredor a tres mesas de debate, dous obradoiros de cociña e unha retrospectiva sobre o papel da muller na cociña con homenaxe a Lucía Freitas no X aniversario do restaurante A Tafona. 

Román Rodríguez falou do potencial gastronómico galego, do bo facer dos profesionais dos fogóns, dos produtos de calidade, recursos todos que precisan, dixo, "un axeitado enfoque tuirístico". Falou do proxecto Galicia Sabe como unha oportunidade para converternos nun "destino líder", creando novos produtos e experiencias relacionadas co noso patroimonio cultural e ambiental. 
A primeira mesa redonda virou sobre a " Responsabilidade dá cadea alimentaria", actuando como relatores Juan Vázquez, presidente do Clúster Alimentario de Galicia e director xeral da adega cooperativa Martín Códax; Jessica Rey, resposable de marketing de Casa Grande de Xanceda; Lucas Requejo, de Ecoagroturismo e delagado de Ecotur Galicia; e os restauradores Iván Domínguez (Nado), Javier Oleiros (Culler de Pau) e Sergio Musso e Paco Chicón, de Ecletic. 

Neste debate, Juan Vázquez definiu o sector primario como "básico" para as 2.300 empresas que en Galicia operan no segmento alimentario, das cales 1.900 teñen menos de 10 empleados. Tamén se falou da importancia de utilizar produtos de proximidade para xerar riqueza e emprego na contorna e como ferramenta para fixar poboación no rural. 

O segundo debate centrouse en "A gastronomía cociña o cambio social", ou como cociñeiros de referencia promoven accións desde o punto de vista social corporativo da súa empresas con incidencia no seu ámbito. Neste mesa expuxeron as súas experiencias Iria Espinosa (Árbore dá Veira); Kike Piñeiro (A Horta do Obradoiro), Daniel López (O Camiño do Inglés), Marco Martínez (bar manager Boanerges) e Alberto Bahamonde, director de " Cociñando na fin do mundo" e "Yo, chef". 

A terceira mesa de debate centrou a temática sobre "A evolución dá hostalería cara un modelo horizontal", abordando as dificultades de atopar persoal de sala, as moitas horas de dedicación que require a profesión, a conciliación da profesión co asueto persoal... Amosaron a súa particular versión a decana da Facultade de Ciencias dá Educación dá USC, María del Carmen Fernández; a consultora Gloria Santamaría e os cociñeiros Pepe Solla, Alberto Lareo e Miguelo Fernández. 

A xornada de completou cos obradoiros de cociña impartidos por Diego López " Moli", do restaurante La Molinera e Lucía Freitas, do restaurante A Tafona.