HILO DIRECTO CON...Xulia Bande, de Son de Arrieiro


Xulia Bande Pivida dirixe unha peque adega de “colleiteira” no Ribeiro que comercializa os seus viños dende o ano 2015, ano no que se estrenou co recoñecemento de Mellor Viño de Galicia nas catas que organiza a Xunta.

-¿Por qué o nome de Son de Arrieiro? 

-Teño que decir que é unha homenaxe ao meu avó que era arrieiro, a partir de ahí o de son ten un dobre sentido porque os arrieiros sempre van cantando e a miña profesión era a de profesora de música, de gaita concretamente.Meu avó foi quen me introduciu no mundo do viño cando empecei a coidar as viñas familiares hai case 31 anos. 

-¿Creo que teu avó ten unha bonita historia que contar? 

-Pois sí, un traballador incansable como a maior parte da xente daquela época. Era arrieiro porque levaba o seu viño a Pontevedra, concretamente ao porto de Marín e alí o cambiaba por pulpo que logo vendía nas feiras. Era tamén coñecido como o "pulpeiro de Arnoia", o único que había neste concello porque todos e todas eran de Arcos, en O Carballiño.

-Voltando ao mundo do viño e á actualidade, ¿qué produción tes?

-Entre 10-12.000 litros, aínda que estes últimos anos quedamos case na medade. Nós elaboramos viños naturais e con tempo adverso é moi difícil sacalos adiante.

-Defines o teu viño como personal e de autora, que non de autor…

-Sí, como viño de autora, non por nada, non é que me entrase a vena feminista, senon por resaltar a figura da muller no mundo do viño e, ademais, quero que pouco a pouco a xente asocie o viño comigo, coa miña cara, con Xulia Bande. 

-¿Teño entendido que sacas ao mercado unha novidade que, de feito, xa presentaches na última edición da Feira do Viño do Ribeiro?

-Sí, unha selección de anada. É un coupage de catro anadas diferentes que estiveron en depósitos de aceiro inoxidable e 20 días en barrica de roble francés. Practicamente é un treixadura de anos diferentes porque sólo ten un 8% de loureiro que lle engadín para darle un poco de acidez.

-Aínda que levas pouco tempo como “colleiteira” adscrita a D.O. Ribeiro, sí tes en cambio unha longa experiencia no mundo da viticultura?

-Efectivamente, pois cando me fixen cargo das viñas de meu avó, como tieña tempo libre, puxen en marcha unha empresa que presta serivios integrais a viticultores e adegueiros, desde prantacións, mantemento dos viñedos, tratamentos, vendima, embotellado do viño, etc. Na actualidade prácticamente lévaa o meu fillo.