Galicia na food truck, iniciativa de Vegalsa para promocionar os produtos galegos

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, asistiu en Carballo á presentación do restaurante móbil “Galicia na food truck”, unha iniciativa do grupo Vegalsa Eroski que pretende poñer en valor os produtos agroalimentarios de Galicia. 

Na presentación, o director agradeceu o destacado compromiso desta empresa de distribución á hora de promocionar os alimentos galegos do agro e do mar da man de numerosos colaboradores como Feiraco, Aceites Abril, Hijos de Rivera, Coren Selecta ou Pescanova, entre outros. 

Este restaurante móbil, que recorrerá diversos establecementos da xeografía galega, ofrecerá aos clientes desta cadea de supermercados a posibilidade de degustar unha serie de produtos da nosa terra co fin de dalos a coñecer entre a poboación e animar así ao seu consumo.