E coa IVª edición consolídase a Feira do Pan do Porriño

A IVª Feira do Pan do Porriño amplía un día e se celebrará o sábado 1 de Xuño e o domingo 2 de Xuño. Juana Pérez Rodríguez, presidenta de ACIPOR, presentou a Feira afirmando que xa se trata dun evento consolidado e que cada ano vai gañando forza e presenza non só no Porriño, senon na comarca, a nivel provincial e galego e que ten como obxectivo promocionar unha das máis importantes tradicións artesanais do Porriño, a do seu producto estrella, o Pan e os productos de panadería. 

Unha consolidación que ven tamén acompañada, afimaba Juana Pérez, pola crecente sona do pan porriñés, que está a acadar premios a nivel galego e a nivel estatal, o que acompañado pola promoción que cada ano se vai facendo, permiten albiscar un futuro prometedor para este producto, no que os panadeiros do Porriño levan 5 anos traballando por dar a coñecer e centos de anos de tradición ás espaldas. 

Agradeceron tamén á Deputación de Pontevedra o inicio das accións de promoción do noso pan, como a que tivo lugar en Valencia esta fin de semana, o certame “Fame de Experiencias”, e que vai posicionando ao Pan do Porriño á altura doutros pans galegos, e dende logo, como o pan máis importante de Pontevedra. Esta é a razón pola que este ano, o lema desta feira sexa O Porriño, Capital Galega do Pan.

A principal novidade desta edición da Feira do Pan é que a programación se amplía un día, é decir, ademáis do sábado 1 de Xuño, a feira terá tamén actividades o domingo día 2 de Xuño. A feira dará comezo a partir das 10:30 horas da mañá do sábado coa apertura dos stands e animación de rúa. A partir das 12:00 horas, darase lectura ao preón da Feira, que este ano recae no arquitecto Carlos Álvarez, fillo do recentemente falecido Carlos “Erundino”, da panadería Erundina, unha das panaderías con máis tradición histórica e impulsora do coñecemento do Pan do Porriño.

A continuación, como ven sendo xa tradición, desenvolverase o Show Cooking de maridaxes de pan do Porriño cos productos convidados a cargo dos alumnos da Escola de Hostelería de EFA A Cancela en Pan compartirá así maridaxe cos embutidos de Distapor, os queixos de Touza Vella, as cervexas Silvestres e os viños de Señorío de Rubiós, o Requeixo de As Neves e outros productos convidados. Ás 17:00 horas, terá lugar, como é xa tradición, o Peque Pan, un Obradoiro para nenos e nenas, de cómo elaborar pan, coa axuda dos panadeiros porriñeses. Trátase de que os máis pequeños poidan aprender a facer masa e poidan levar a súa boliña para poder cocer na casa. A Feira continuará ás 19:00 horas cunha actividade que chega á súa segunda edición, o Certame de Empanadas no Ring. Para participar, os interesados teñen que apuntarse antes do xoves 30 de maio mandando un email a comunicacion@acipor.es ou chamando ao teléfono 693407755.

O domingo comezará a partir das 10:30 horas cunha novidade o Almorzo (Brunch) da Feira do Pan do Porriño. A presidenta de ACIPOR ironizou afirmando que “non sabemos se a xente virá con pamela ou chistera, pero podería estar á altura da Carreira de Cabalos de Ascot”. A prezos populares e con opción infantil e adulto, todos os que o desexen poderán vir a probar o noso Brunch a partir das 11 da mañá ata as 12:30. No caso da opción de adultos o Brunch incluirá mexilóns á vinagreta, pan do porriño á mostaza con würst, pulga de pavo con aguacate/mango, e Brownia, acompañado de un cocktail (viño espumoso ou vermouth). Así que animamos a todos os que o desexen a vir a desaiunar a Feira, iso sí, moi elegantes....

Por último, a Feira celebrará a “Cata de Pans de Galicia e Portugal”. Trátase dunha cata para 25 persoas que poderá probar e comparar 5 pans: O Pan do Porriño, o Pan de Cea, o Pan de Fisterra, o Pan da Moa e un pan convidado nesta edición, de Portugal, a Broa de Avintes. Estes pans serán catados acompañados de viños de Señorío de Rubiós. A organización habilitará ademáis unha carpa con mesas estará disponible para os que queiran quedar a xantar na Feira.

Resaltar que a Feira do Pan do Porriño é un esforzó colectivo de moitas persoas, en especial as 8 panaderías que participan (Erundina, Argibay, Milagros, Chinchina, Amaquía, Forno de Mosende, Torneiros e Progreso), así como as marcas convidadas (Distapor, Señorío de Rubiós, Cervexas Silvestres, Requeixo de As Neves, Queixería Touza Vella e otras que participarán), así como aos nosos patrocinadores: Concello do Porriño, Deputación de Pontevedra, Harinas Reyes, Reivy, Supermercados Froiz, Seguros Reale, Panipast, Frigoríficos Cantabria, EFA A Cancela, Servisali, ABANCA, e a Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián.

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, afirmou que “para o Concello é positivo apoiar este tipo de eventos, e a Feira do Pan do Porriño xa é un referente consolidado e só toca melloralo cada ano, porque as bases son sólidas. Animamos a todo o mundo a participar nesta feira e a probar o noso pan. A Alcaldesa afirmou que dende o Concello fará todo o posible por apoiar esta Feira e promocionar algo tan importante como a tradición panadeira do Porriño.